Novas

Artigos desta categoría

Visita dos alumnos do CEIP Vidal Portela

Un grupo de 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela visitaron hoxe o Castro das Croas. Os rapaces estiveron acompañados de dúas mestras e atenderon ás explicacións que o antropólogo Rafa Quintía lles foi dando sobre o castro, a muralla, os muíños do Batán e todo o patrimonio inmaterial que xira arredor […]

Ler máis

Coñecendo lendas e petróglifos por Salcedo

As actividades de dinamización realizadas arredor da escavación que se levou a cabo no Castro das Croas permitiron que hoxe un grupo de máis de 20 persoas fixese un percorrido por Salcedo para coñecer lendas, petróglifos e moitas outras curiosidades. Durante tres horas e media, os participantes camiñaron polo Castro das Croas, o río Batán, […]

Ler máis

Éxito do roteiro polo Monte das Croas

Preto de 40 persoas participaron o sábado no roteiro que se celebrou polo Monte das Croas, visitando o Castro e os Muíños do Batán. Os participantes recibiron explicacións por parte do arqueólogo Eduardo Velázquez, de A Citania Arqueoloxía, e tamén houbo aportacións do arqueólogo Lukas Santiago e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará. Durante […]

Ler máis

Dúas novas visitas guiadas ao Castro das Croas e a súa contorna

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa coa programación de dinamización e participación sobre o Castro das Croas. Para este sábado, 4 de outubro, está prevista unha visita guiada ao xacemento arqueolóxico así como un roteiro polo monte das Croas e os muíños do Batán. Será a partir das 11.00 horas, partirá do Castro das Croas, […]

Ler máis

A vida cotiá nos castros

Na terceira e última xornada sobre o Castro das Croas, fixemos un achegamento á vida cotiá nos castros, para coñecer que se comía, como cociñaban os alimentos, que madeira recollían e para que a empregaban. Para falarnos destes interesantes temas, contamos con dous expertos da Universidade de Santiago de Compostela. Estevo Amado, licenciado en Historia […]

Ler máis

Un castro vivo, un espazo veciñal

A parte viva do castro foi a protagonista da segunda xornada divulgativa sobre o Castro das Croas. Os antropólogos Buenaventura Aparicio e Rafa Quintía achegaron aos máis de 40 participantes as lendas asociadas a este espazo da parroquia, pero tamén os usos sociais que tivo ao longo da historia, explicaron mitos e destacaron a importancia […]

Ler máis

Resumo dos traballos no Castro das Croas na mesa redonda sobre arqueoloxía

Preto de medio cento de persoas participaron hoxe na primeira das tres xornadas sobre o Castro das Croas que se celebra no local social de Cabanas-Salcedo. Na mesa redonda sobre arqueoloxía falaron Antonio de la Peña, arqueólogo do Museo de Pontevedra e director da escavación de 1993, e Eduardo Méndez, arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos […]

Ler máis

Conferencias, visitas guiadas e moito máis arredor do Castro das Croas

Continúan as actividades arredor do Castro das Croas. Despois do remate da intervención arqueolóxica é o momento de coñecer un pouco máis sobre os traballos que se levaron a cabo, pero tamén sobre como era a vida dos habitantes do Monte das Croas. Por iso, a Concellaría de Patrimonio Histórico pon en marcha unhas xornadas […]

Ler máis

“Hai algo importante que temos que conservar, recuperar e custodiar”

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, fala sobre os traballos de escavación e as tarefas desta entidade con respecto ao patrimonio da parroquia. Que lle parece o traballo de escavación que levou a cabo o Concello de Pontevedra no Castro das Croas? Paréceme ben todo o esforzo que está a facer […]

Ler máis

Preto de 50 persoas participan no acto de peche de campaña da escavación do Castro das Croas

O Concello de Pontevedra puxo onte fin á campaña de escavación do Castro das Croas 2014 cun acto oficial no propio monte das Croas, que estivo presidido polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e no que participaron preto de 50 persoas. Neste acto, informouse das actividades divulgativas que o Concello porá en marcha nos vindeiros meses, así como do […]

Ler máis
Go top