18/11/2014
Arqueoloxía subxectiva. O punto de vista do arqueólogo (II)
O traballo dos arqueólogos non só é limpar e escavar, tamén debuxan! Neste vídeo descubrimos como se realiza o debuxo arqueolóxico e a precisión que aporta ao traballo.
Aquí tes material audiovisual que pode que che interese.
18/11/2014
O traballo dos arqueólogos non só é limpar e escavar, tamén debuxan! Neste vídeo descubrimos como se realiza o debuxo arqueolóxico e a precisión que aporta ao traballo.
17/11/2014
Como é o traballo que desenvolven os arqueólogos? Neste vídeo podemos descubrilo. Coñeceremos de primeira man como se realizan as tarefas de limpeza e escavación no Castro das Croas.
14/11/2014
Visión a cámara rápida do traballo de escavación na muralla e na cabana do Castro das Croas.
13/11/2014
Eduardo Méndez, director da escavación de 2014 explica que “nesta primeira campaña, despois de 20 anos, o noso traballo ía encamiñado a concretar a cronoloxía do xacemento e avaliar o estado de conservación do mesmo. O resultado despois de 19 xornadas é que a cronoloxía do xacemento é antiga, que supera ampliamente os 2.500 anos”. […]
12/11/2014
Xurxo Constenla fai fincapé na implicación da Comunidade de Montes de Salcedo co patrimonio da súa parroquia. Ademais, fai un repaso á posta en valor do patrimonio a través da redes sociais, dos medios de comunicación dos vídeos, de charlas, de voluntarios… accións que considera “completamente necesarias”. Do Castro das Croas asegura que é unha “escavación […]
11/11/2014
O arqueólogo Antonio de la Peña explícanos cómo foi a intervención do ano 1993, a que el considera “a última dunha época”, e que se fixo a través de diferentes programas de investigación avalados pola Universidade, os Museos e o Instituto Sarmiento. Esta fíxose coa participación de voluntarios. Nese momento descubriuse “un poboado cunha liña […]
06/11/2014
O arqueólogo Victor Barbi explícanos a orixe da intervención que tivo lugar no ano 1992. Entón quixeron contextualizar o achado da pedra e confirmar a existencia dun castro. A carón da pedra que tiña os gravados fíxose unha sondaxe pero sin resultados positivos. A segunda parte da intervención consistiu nunha “sondaxe valorativa nun lugar máis […]
05/11/2014
O antropólogo Rafael Quintía explica que no “discurso popular do castro atopamos unha riqueza mitolóxica extraordinaria: hai unha decena de lendas asociadas ao castro e a súa contorna”. A lenda da moura do Monte das Croas é a máis coñecida e ten diversas variantes. De feito, está tan extendida que “era frecuente que os nenos […]
04/11/2014
Buenaventura Aparicio fálanos sobre o pensamento popular arredor do Castro das Croas e como o feito de que sexa “o asentamento máis antigo da parroquia apórtalle prestigio e credibilidade”. Aparicio tamén fala dos tesouros, túneles e da moura que se aparece e desaparece cando se achega a xente. A figura da moura aparécese sobre unha […]
01/11/2014
O presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, Ramón Laxe, agradece ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, o seu interese pola escavación do Castro das Croas e tamén pola recuperación do patrimonio de Salcedo. Laxe considera que o Castro “será un punto de visita para todos os veciños da parroquia e o […]
30/10/2014
O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”. Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade […]
29/10/2014
Pablo Carro cóntanos o día que se fixo o Carnaval e apareceu a Garda Civil. Recorda que se xuntou xente de toda a bisbarra, pero ninguén pedira o permiso de Gobernación para poder reunirse, “fíxose de maneira espontánea”, explica. Carro indica que fronte á porta da taberna de Gumersindo fíxose un templete e desde alí “estabamos […]
28/10/2014
Ermitas Estévez recorda cando, de pequena, ela e outras catro amigas viñan os domingos ao Monte das Croas a xogar. Tamén baixaban polo río a coller as herbas de San Xoan e tirábanse polas pedras escorregadoiras “Brincamos moito aquí neste monte, pero agora está desconocido”, lamenta. Tamén explica que súa avoa, subía ao Monte das […]
27/10/2014
Francisco Ballesteros recorda cando ían xogar ao Monte das Croas e a vixiar o gando, pero o que non lle esquece son os entroidos que se facían neste monte, que “eran únicos”. “Había unha represión tan dura que había que escapar”, asegura, e iso foi o que pasou no último entroido. No escenario estaban a representar […]
17/10/2014
Milagros Capelo recorda saír do colexio e subir ao Monte das Croas a xogar nas pedras escorregadoiras e, no inverno, cando chovía formábanse pozas e ao facer frío conxelábanse, e elas xogaban a romper o xeo que se formaba. Por outra parte, o Monte das Croas era lugar de pastoreo para as ovellas que tiñan […]
16/10/2014
José Antonio Gómez recorda que acudían ao Monte das Croas cos rapaces porque “era un sitio que non tiña perigo”. Alí tamén había ovellas, vacas e cabalos, sendo zona de pastoreo “porque limpaban o monte”. Con respecto aos recheos, Gómez explica que a Comunidade de Montes daquela época fixo o recheo porque “quería planificar un […]
15/10/2014
Concepción Rodríguez, María Luisa Pazos e Josefa Garrido contan que no Monte das Croas había un tesouro, que salían as mouras e que alí estas mulleres se peiteaban con peines de ouro. Recordan unha lenda que conta que os da casa dos Cardadeiros, no Birrete, se fixeron moi ricos porque o señor lle levaba o gando aos mouros. […]
14/10/2014
Alejandro Pastoriza recorda que o Monte das Croas era moi bonito e que os rapaces acudían á escola alí preto e, ás veces, subían a este monte a botar un partido, porque había un pequeno campo de fútbol improvisado polos propios nenos. Os animais que pastaban neste monte eran as ovellas e os cabalos, e […]
13/10/2014
José Ballesteros explícanos os usos que tivo o Monte das Croas. Foi lugar de pasto para animais e tamén de recollida de estrume para as cortes. En San Xoan, alí facíase a fogueira e tamén cortaban a carrasquiña. Ballesteros tamén recorda que alí, na estrada, se facía o Entroido. Naquel tempo, dous homes disfrazados e con […]
09/10/2014
Ramón Noia sentiuse “arqueólogo por un día” mentres escavaba e facía debuxo arqueolóxico no Castro das Croas. Para el foron unhas horas de “traballo e compañía moi interesantes”. Considera que este é un xeito de divulgar “moi interesante, porque aprendes algo dos fundamentos da arqueoloxía”.
09/10/2014
A Noela Campanha sempre lle interesou escavar e despois de participar nas xornadas de voluntariado revela que “era máis ou menos o que esperaba, ainda que coa inseguridade” de saber como se fai o traballo. Para ela resulta fundamental facer este tipo de actividades durante da escavación, “porque se achega o traballo dos arqueólogos a […]
06/10/2014
A Pilar López sempre lle gustou a arqueoloxía e é por iso polo que comezou a estudiar Antropoloxía na Uned. Considera moi interesantes as visitas e xornadas de voluntariado ao Castro das Croas e cre que “debería facerse máis a miúdo nas escavacións porque da a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo dos […]
03/10/2014
Marcos Pérez cóntanos a súa experiencia como voluntario na escavación do Castro das Croas. Considera interesante aprender a metodoloxía e probar como se traballa coas ferramentas dos arqueólogos. Dende o seu punto de vista, “tocar restos arqueolóxicos axuda a ter unha vinculación máis forte co teu pasado e o teu territorio”.
01/10/2014
Para Roi Fernández, que participou como voluntarios durante dúas xornadas, esta foi unha experiencia moi gratificante. Considera que este tipo de actividades son moi beneficiosas, porque “aprendemos as técnicas que usan nas escavacións. So retirar a terra xa vemos o dificil do seu traballo” e tamén o ve como unha aportación á cultura.
26/09/2014
Pablo Carro, voluntario no Castro das Croas, considera que participar neste actividade axuda a entender o noso pasado e a construcción dos castros. Para el sería convinte que participase máis xente e invita a todas as persoas a que disfruten desa experiencia.
24/09/2014
Seguimos coas impresións dos voluntarios. Para Paz Castro esta é unha maneira de valorar o noso pasado e o patrimonio que temos ao noso arredor. “É máis importante do que a xente cre”, por iso considera importante que o Concello de Pontevedra promocione deste xeito a participación da cidadanía e involucre así aos veciños e […]
23/09/2014
Os voluntarios cóntanos de primera man cómo se sinten participantes nos traballos de escavación como auténticos arqueólogos. Para Zeltia Pino foi unha moi boa experiencia e recomenda a todos os interesados que participen nestas actividades.
15/09/2014
O venres 12 de setembro tivo lugar o acto de peche da intervención no Castro das Croas. Unha visita guiada na que se informou sobre os traballos levados a cabo no castro e se destacou a importancia da participación veciñal e o voluntariado neste tipo de intervencións. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, asegurou […]
11/09/2014
Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos. Hoxe foi tamén o último día de traballo de campo.
11/09/2014
Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación. Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo. […]
11/09/2014
Hoxe tivemos a visita de Victor Barbi, arqueólogo da delegación provincial de Cultura, que foi o arqueólogo que fixo a primeira escavación no xacemento, no ano 1992. Barbi explicou que eles traballaron durante dez días e confirmaron que se trataba dun castro de época antiga, pero non había datos do xacemento. Xa se rematou de […]
05/09/2014
Na xornada de hoxe tivemos de novo un grupo de voluntario, que tiveron oportunidade de escavar na zona da muralla e de realizar debuxo arqueolóxico na cabana. Tamén tivemos a visita de Xulio Carballo, arqueólogo da delegación de Cultura da Xunta en Pontevedra, que considera que o Castro das Croas ten un especial interese pola […]
05/09/2014
Hoxe tivemos a visita de varios expertos, entre eles Josefa Rey, profesora da USC e especialista en cerámica que está colaborando co proxecto analizando parte dos materiais arqueolóxicos que se recuperaron na escavación. Na cabana prosíguese na escavación e atopouse un fragmento bastante grande de borde, que polas súas características permitirá afinar na cronoloxía do […]
03/09/2014
Os voluntarios volveron hoxe ao castro para seguir escavando na segunda testemuña que quedaba e tamén traballaron cunha estación total, tomando puntos nun sistema de coordenadas de todo o que sae no xacemento. O equipo de arqueoloxía segue a traballar na cabana, onde apareceron novos achados de cerámica. Na muralla estase a debuxar os perfís […]
02/09/2014
Hoxe os protagonistas foron as voluntarias e voluntarios que, en dous grupos, estiveron escavando na zona da muralla e facendo debuxo arqueolóxico na cabana. Seguen os traballos na cabana, na que se empeza a afondar para poder atopar algún resto arqueolóxico. Na zona da muralla apareceu unha estrutura anexa, que se está estudando para saber […]
01/09/2014
Os arqueólogos comenzaron hoxe a retirar a segunda testemuña da muralla. Retomouse a escavación na cabana e houbo unha visita dos técnicos do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Paralelamente, estase a realizar un traballo de recollida etnográfica na contorna do castro e documentando usos sociais, agrarios e rituais do xacemento.
30/08/2014
A xornada de hoxe comezou cunha visita guiada na que participaron máis de 30 persoas. Nos traballos, estase a debuxar a parte exterior da muralla e a definir o que semella un bastión. Tamén se recolleron mostras das testemuñas que quedaron da escavación do ano 1993 para facer unhas análises polímicas, que axudarán a reconstruir […]
28/08/2014
Seguen os traballos de limpeza na muralla e empezouse a debuxar o alzado e o plano da muralla. Na cara interna da muralla continúa a escavación dos testigos arqueolóxicos, onde apareceron restos de cerámica.
28/08/2014
A chuvia acompañou hoxe os traballos de escavación no Castro das Croas, por iso non se puido intervir na zona da cabana. Na muralla comezaron os traballos para eliminar os testigos intermedios e apareceu baixo unha árbore unha estrutura que parece de reforzo da muralla, similar á que atoparon nas escavacións do ano 1993.
26/08/2014
Continúan os traballos no Castro das Croas. Os empregados de A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio seguen limpando na zona da muralla e tamén na da cabana.
26/08/2014
Nesta xornada de traballo descubrimos que a cabana ten sete metros de diámetro, o que confirma que se trata dunha vivenda das primeiras etapas do desenvolvemento da cultura castrexa.
26/08/2014
Os traballos trasladáronse hoxe á cabana descuberta fai 20 anos por Antonio de la Peña. Comezouse a limpar a cobertura vexetal que se acumulou durante estes anos e apareceron dous achados líticos que semellan dúas pedras de moer. Resulta sorprendente que cos primeiros traballos xa aparecesen restos. A cousa promete.
26/08/2014
Primeira xornada de traballo no Castro das Croas. Hoxe comezamos limpando na parte baixa do xacemento, onde se atopa a impresionante muralla que no ano 1993 escavou parcialmente Antonio de la Peña Santos. O obxectivo é poder datala e deslevar se realmente se trata dun castro que nunca foi habitado, teoría á que chegou o […]