Visita dos alumnos do CEIP Vidal Portela

21/10/2014

Un grupo de 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela visitaron hoxe o Castro das Croas. Os rapaces estiveron acompañados de dúas mestras e atenderon ás explicacións que o antropólogo Rafa Quintía lles foi dando sobre o castro, a muralla, os muíños do Batán e todo o patrimonio inmaterial que xira arredor deste espazo.

As visitas continúan mañá mércores cun grupo de 50 nenos de 5º e 6º de Primaria do Colexio San Xosé; o xoves cun grupo do CEIP San Martiño e outro do Vidal Portela; e o venres cun novo grupo do CEIP San Martiño de Salcedo.

En total serán arredor de 250 alumnos os que visiten o entorno do Monte das Croas durante estes días de visitas de escolares.

O percorrido ten unha duración aproximada de 1 hora e media e unha lonxitude de aproximadamente 1 quilómetro. Os temas sobre os que xira a visita son:

• A cultura castrexa na historia de Galicia

• Cronoloxía e características do castro das Croas. Relación cos castros veciños

• Excavacións arqueolóxicas: metodoloxía e resultados

• Aspectos antropolóxicos: relación do pobo co espazo onde está o castro (usos e aproveitamentos do monte das Croas)

• Lendas do monte das Croas: a lenda da moura-Patrimonio etnográfico construído relacionado co río (usos e aproveitamentos): os muiños, regadíos…

• Patrimonio inmaterial relacionado co río

Go top