Puntos Roteiro

Artigos desta categoría

A Tabacalera

Tamén se coñece co nome de O Mesón, que deixa en evidencia a súa vinculación coa carrilana Santiago-Tui. Trátase dun edificio de planta rectangular mandado construír polo arcebispo Sebastián Malvar y Pinto no s. XVIII que, en orixe, presentaba na súa fachada principal un porche ou cuberto apoiado sobre columnas. Posúe unhas proporcións moi coidadas dentro da sobriedade xeral do seu deseño. Un caixeado case plano serve para enmarcar as xanelas con tornachuvias, e unha cornixa moldurada percorre todo o seu perímetro, acentuando o carácter clásico do edificio.

Ler máis

Pazo de Gandarón, Misión Biolóxica

Residencia pacega mandada construír a finais do século XVIII no lugar da Carballeira por Sebastián Malvar, fillo dunha familia de agricultores da Cancela-Salcedo que acabou sendo arcebispo de Buenos Aires e Santiago de Compostela. No conxunto monumental destaca o propio pazo, que loce forxa de Sargadelos nas balconadas, a capela,o xigantesco hórreo, o pombal, a fonte, o miradoiro ou a antiga pousada,así como os xardíns, nos que podemos atopar varias árbores senlleiras.

Ler máis

Petróglifo do Penedo de Vilar de Matos

Gravado rupestre situado a 80 msnm nun terreo privado, nunha ladeira con caída ao sur. Rodeada de monte de repoboación, localízase unha laxe alongada de granito fino que sobresae levemente do nivel do solo. Presenta gravados principalmente na zona SE a base de numerosas cazoletas por toda a súa superficie, illadas e agrupadas, combinacións circulares concéntricas así como outros trazos atípicos (riscos paralelos, cruciformes, etc…).

Ler máis

Da Vía XIX ao TAV

Entre Carballo e Tui ábrese o que os xeógrafos denominan depresión meridiana, un accidente natural que favoreceu a construción dunha serie de redes viarias ao longo de milleiros de anos, desde a prehistoria aos nosos días.

A primeira estrada da que se atoparon vestixios construírona os romanos fai 2.000 anos: é a vía XIX que comunicaba Brácara con Lucus pasando por Tui, Turoqua, Caldas e Iria. Desta necesidade de comunicar o Norte e o Sur da Gallaecia, desta vontade de control militar e económico do territorio polos romanos naceu o primeiro núcleo urbano de Pontevedra (Turoqua?) e a veterana ponte que lle daría nome á cidade.

Ler máis
Go top