Ecos do Castro. Os veciños: Ramón Laxe

01/11/2014

O presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, Ramón Laxe, agradece ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, o seu interese pola escavación do Castro das Croas e tamén pola recuperación do patrimonio de Salcedo. Laxe considera que o Castro “será un punto de visita para todos os veciños da parroquia e o concello, un referente para o concello de Pontevedra. É unha pena que isto levara tanto recheos”.

Ademais, do Castro, o presidente da asociación de veciños recorda a riqueza que teñen na zona co río Batán, tamén chamado da Cubela, do Outeiro e da Cancela, e que conta cunha “riqueza moi grande de patrimonio. Hai totalmente restaurados seis muíños e quedan outros catro por restaurar”, explica. Laxe considera bo facer un estudio da flora e fauna do río e agradece aos veciños a súa colaboración para o mantemento e conservación deste espazo natural. 

Go top