prensa

Artigos con esta etiqueta

O patrimonio inmaterial de Salcedo recóllese no documental ‘Terra das Marabillas’

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, presentou hoxe xunto á xornalista Ana Lois o documental ‘Terra das Marabillas’, un traballo audiovisual que recolle o mundo máxico e mitolóxico da parroquia de Salcedo e que actúa como segunda parte do documental ‘Terra de Pastequeiros’, no que se recollía o patrimonio inmaterial da veciña parroquia de […]

Ler máis

O Concello quere estender as actuacións sobre o patrimonio a máis parroquias de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, visitaron xunto a representantes de Comunidade de Montes de Salcedo e da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta as actuacións realizadas dentro do proxecto ‘Salcedo no Tempo’. O concelleiro de Patrimonio Histórico destacou que tanto a Comunidade […]

Ler máis

O Val de Tomeza e Salcedo, os pasos para 
a súa posta en valor

O proxecto de posta en valor do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo comezou en xuño de 2013, cando se deron a coñecer as actuacións que se levarían a cabo neste espazo que acolle un importante conxunto de bens cun elevado valor ecolóxico, etnográfico, histórico e arqueolóxico. A recuperación dos muíños […]

Ler máis

Dúas novas visitas guiadas ao Castro das Croas e a súa contorna

A Concellaría de Patrimonio Histórico continúa coa programación de dinamización e participación sobre o Castro das Croas. Para este sábado, 4 de outubro, está prevista unha visita guiada ao xacemento arqueolóxico así como un roteiro polo monte das Croas e os muíños do Batán. Será a partir das 11.00 horas, partirá do Castro das Croas, […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 14

Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación. Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo. […]

Ler máis

De la Peña destaca que o xacemento do Castro das Croas está moi ben conservado

O arqueólogo do Museo de Pontevedra, Antonio de la Peña, director dos traballos que se levaron a cabo no Castro das Croas no ano 1993 estivo hoxe de novo na escavación. De la Peña recordou os días chuviosos que acompañaron a escavación que el dirixiu e indicou que non puideron seguir traballando debido ao “parón […]

Ler máis

Éxito da primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas

A Concellaría de Patrimonio Histórico organizou esta mañá a primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas, que resultou todo un éxito de asistencia a pesares de que o tempo non acompañou. De feito, o concelleiro Luís Bará explicou que está a considerar ampliar o número de visitas guiadas (está prevista outra para este […]

Ler máis

O Concello organizará visitas guiadas á escavación e faranse actividades de voluntariado con grupos

O Concello de Pontevedra levará a cabo unha intervención arqueolóxica no Castro das Croas de Salcedo a partir da vindeira semana. O espazo rural e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo será obxecto de varias actuacións, aínda que esta será a intervención ‘estelar’ do Plan de Patrimonio do Rural que se está a levar […]

Ler máis
Go top