Lendas de Salcedo

05/09/2014

Recreación de lendas recollidas na parroquia de San Martiño de Salcedo. Neste caso, fala das Mouras como encandiladoras de homes, pois contaban cunha beleza que facía que os mozos as seguisen a onde fose. Sen embargo, ao chegar á súa pedra do Monte das Croas, as bonitas mozas convertíanse en serpes.

Tamén se inclúe a lenda das luces dos sete camiños, unha misteriosa luz que aparecía de súpeto e se desprazada en liña recta polo horizonte. Dende que os militares se instalaron no monte, estas luces foron desaparecendo.

Este vídeo foi extraído do documental ‘Sete camiños. Encrucillada do tempo’.

Go top