Videos

Acto de remate da intervención arqueolóxica

O venres 12 de setembro tivo lugar o acto de peche da intervención no Castro das Croas. Unha visita guiada na que se informou sobre os traballos levados a cabo no castro e se destacou a importancia da participación veciñal e o voluntariado neste tipo de intervencións. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, asegurou […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 15

Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos. Hoxe foi tamén o último día de traballo de campo.

Ler máis

Diario de escavación: Día 14

Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación. Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo. […]

Ler máis

Diario de escavación: día 13

Hoxe tivemos a visita de Victor Barbi, arqueólogo da delegación provincial de Cultura, que foi o arqueólogo que fixo a primeira escavación no xacemento, no ano 1992. Barbi explicou que eles traballaron durante dez días e confirmaron que se trataba dun castro de época antiga, pero non había datos do xacemento. Xa se rematou de […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 12

Na xornada de hoxe tivemos de novo un grupo de voluntario, que tiveron oportunidade de escavar na zona da muralla e de realizar debuxo arqueolóxico na cabana. Tamén tivemos a visita de Xulio Carballo, arqueólogo da delegación de Cultura da Xunta en Pontevedra, que considera que o Castro das Croas ten un especial interese pola […]

Ler máis

Diario de escavación: día 11

Hoxe tivemos a visita de varios expertos, entre eles Josefa Rey, profesora da USC e especialista en cerámica que está colaborando co proxecto analizando parte dos materiais arqueolóxicos que se recuperaron na escavación. Na cabana prosíguese na escavación e atopouse un fragmento bastante grande de borde, que polas súas características permitirá afinar na cronoloxía do […]

Ler máis

Lendas de Salcedo

Recreación de lendas recollidas na parroquia de San Martiño de Salcedo. Neste caso, fala das Mouras como encandiladoras de homes, pois contaban cunha beleza que facía que os mozos as seguisen a onde fose. Sen embargo, ao chegar á súa pedra do Monte das Croas, as bonitas mozas convertíanse en serpes. Tamén se inclúe a […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 10

Os voluntarios volveron hoxe ao castro para seguir escavando na segunda testemuña que quedaba e tamén traballaron cunha estación total, tomando puntos nun sistema de coordenadas de todo o que sae no xacemento. O equipo de arqueoloxía segue a traballar na cabana, onde apareceron novos achados de cerámica. Na muralla estase a debuxar os perfís […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 9

Hoxe os protagonistas foron as voluntarias e voluntarios que, en dous grupos, estiveron escavando na zona da muralla e facendo debuxo arqueolóxico na cabana. Seguen os traballos na cabana, na que se empeza a afondar para poder atopar algún resto arqueolóxico. Na zona da muralla apareceu unha estrutura anexa, que se está estudando para saber […]

Ler máis
Go top