visitas

Artigos con esta etiqueta

Diario de escavación: Día 15

Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos. Hoxe foi tamén o último día de traballo de campo.

Ler máis

Diario de escavación: Día 14

Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación. Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo. […]

Ler máis

Á procura de máis cabanas na vindeira campaña do Castro das Croas

O Castro das Croas recibiu hoxe a visita dos grupos municipais do Concello de Pontevedra. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu acompañado das concelleiras Pilar Comesaña, Carlota Román e María Biempica. Desculpou a súa asistencia o concelleiro Pablo Fernández, que non puido acudir por motivos persoais. O alcalde e as concelleiras recibiron […]

Ler máis

“A ría de Pontevedra é unha lagoa en canto a descubrimento de castros”

O Castro das Croas recibiu hoxe a visita de tres expertos no mundo Castrexo. A profesora da USC, especialista en cerámica castrexa, Josefa Rey, o arqueólogo e xeólogo Emilio Abad, e o director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio, Manolo Rey, coincidindo os dous últimos na escavación do […]

Ler máis

Éxito da primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas

A Concellaría de Patrimonio Histórico organizou esta mañá a primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas, que resultou todo un éxito de asistencia a pesares de que o tempo non acompañou. De feito, o concelleiro Luís Bará explicou que está a considerar ampliar o número de visitas guiadas (está prevista outra para este […]

Ler máis

Actividades e visitas guiadas para coñecer a escavación do Castro das Croas

Co obxectivo de facer partícipe á comunidade local e a todas as persoas interesadas vaise desenvolver un amplo programa de actividades de dinamización no Castro das Croas. Faranse durante os traballos de escavación (que durarán uns 20 días) e tamén unha vez rematada a intervención. O obxectivo é envolver á veciñanza no proceso de estudo e […]

Ler máis
Go top