25/08/2014
Fonte da Corredoira
Tamén coñecida como Fonte das Croas.
25/08/2014
No Monte as Croas existe un penedo illado no que se atopa un petróglifo ben conservado. No seu granito están labradas cazoletas e coviñas de pequeno tamaño e conta tamén cunha cruz de base triangular. Diferéncianse símbolos alfabetiformes. Na parroquia de Salcedo, a poucos quilómetros deste penedo, tamén atopamos os petróglifos do Outeiro dos Matos, […]
25/08/2014
Fáltalle a cruz. Posúe inscripción no varal. Existe patrimonio oral asociado a este cruceiro.
25/08/2014
Existen restos de cantería no monte, especialmente na súa parte oeste. Sen embargo a principal alteración é debida ao aporte dun grande volume de terras destinadas ao acondicionamento do lugar como área de esparcemento, afectando principalmente, a toda a zona alta e á vertente sur. A construción do desvío que conduce a unha vivenda (e […]
24/08/2014
O Monte das Croas de Salcedo foi dende sempre un lugar máxico para os veciños da parroquia. A el atópanse asociadas moitas historias, contos e lendas que conviviron durante séculos coa xente que traballaba, xogaba e gozaba deste espazo. O presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintía, fálanos sobre as lendas vinculadas a este lugar. […]
22/08/2014
As escavacións no Castro das Croas xa van sacando á luz algún achado interesante. Onte xoves apareceron dúas pedras de moer mentres se retiraba a terra para afondar na escavación que o arqueólogo Antonio de la Peña fixo en 1993. As pedras poden formar parte do proceso de construción da cabana (os traballadores tiñan que […]
21/08/2014
Co obxectivo de facer partícipe á comunidade local e a todas as persoas interesadas vaise desenvolver un amplo programa de actividades de dinamización no Castro das Croas. Faranse durante os traballos de escavación (que durarán uns 20 días) e tamén unha vez rematada a intervención. O obxectivo é envolver á veciñanza no proceso de estudo e […]
21/08/2014
Os traballos de escavación no Castro das Croas de Salcedo continúan a bo ritmo. Hoxe, a intervención trasladouse á parte superior do xacemento, onde se atopa unha vivenda a medio escavar que é o máis interesa aos arqueólogos. Segundo explicaba esta mañá Eduardo Méndez, o arqueólogo da escavación, “os traballos na muralla están case rematados, […]
20/08/2014
Os traballos de recuperación do Castro das Croas comezaron hoxe na parroquia de Salcedo. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou o espazo arqueolóxico xunto aos concelleiros Demetrio Gómez e Anxos Riveiro; e representantes da Comunidade de Montes e da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta. Fernández Lores indicou que cos […]