presentación

Artigos con esta etiqueta

Rafa Quintía recolle nun libro o patrimonio inmaterial da parroquia de Salcedo

A Casa das Campás acolleu onte a presentación do libro ‘Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas’, unha obra do antropólogo Rafael Quintía que engloba a sabedoría popular desta parroquia pontevedresa. Na presentación, o autor estivo arroupado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e polo antropólogo Buenaventura Aparicio, autor do […]

Ler máis

Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo

A intervención no castro das Croas forma parte do proxecto de dinamización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo. Este espazo é un proceso de recuperación, divulgación e dinamización do patrimonio de Salcedo, artellado arredor dos bens etnográficos e arqueolóxicos desta parroquia: o conxunto etnográfico dos muíños do río do Batán, […]

Ler máis

O Concello organizará visitas guiadas á escavación e faranse actividades de voluntariado con grupos

O Concello de Pontevedra levará a cabo unha intervención arqueolóxica no Castro das Croas de Salcedo a partir da vindeira semana. O espazo rural e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo será obxecto de varias actuacións, aínda que esta será a intervención ‘estelar’ do Plan de Patrimonio do Rural que se está a levar […]

Ler máis
Go top