escavación

Artigos con esta etiqueta

A vida cotiá nos castros

Na terceira e última xornada sobre o Castro das Croas, fixemos un achegamento á vida cotiá nos castros, para coñecer que se comía, como cociñaban os alimentos, que madeira recollían e para que a empregaban. Para falarnos destes interesantes temas, contamos con dous expertos da Universidade de Santiago de Compostela. Estevo Amado, licenciado en Historia […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Pablo Carro.

Pablo Carro, voluntario no Castro das Croas, considera que participar neste actividade axuda a entender o noso pasado e a construcción dos castros. Para el sería convinte que participase máis xente e invita a todas as persoas a que disfruten desa experiencia.

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Paz Castro.

Seguimos coas impresións dos voluntarios. Para Paz Castro esta é unha maneira de valorar o noso pasado e o patrimonio que temos ao noso arredor. “É máis importante do que a xente cre”, por iso considera importante que o Concello de Pontevedra promocione deste xeito a participación da cidadanía e involucre así aos veciños e […]

Ler máis

Resumo dos traballos no Castro das Croas na mesa redonda sobre arqueoloxía

Preto de medio cento de persoas participaron hoxe na primeira das tres xornadas sobre o Castro das Croas que se celebra no local social de Cabanas-Salcedo. Na mesa redonda sobre arqueoloxía falaron Antonio de la Peña, arqueólogo do Museo de Pontevedra e director da escavación de 1993, e Eduardo Méndez, arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos […]

Ler máis

Conferencias, visitas guiadas e moito máis arredor do Castro das Croas

Continúan as actividades arredor do Castro das Croas. Despois do remate da intervención arqueolóxica é o momento de coñecer un pouco máis sobre os traballos que se levaron a cabo, pero tamén sobre como era a vida dos habitantes do Monte das Croas. Por iso, a Concellaría de Patrimonio Histórico pon en marcha unhas xornadas […]

Ler máis

“Hai algo importante que temos que conservar, recuperar e custodiar”

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, fala sobre os traballos de escavación e as tarefas desta entidade con respecto ao patrimonio da parroquia. Que lle parece o traballo de escavación que levou a cabo o Concello de Pontevedra no Castro das Croas? Paréceme ben todo o esforzo que está a facer […]

Ler máis

Acto de remate da intervención arqueolóxica

O venres 12 de setembro tivo lugar o acto de peche da intervención no Castro das Croas. Unha visita guiada na que se informou sobre os traballos levados a cabo no castro e se destacou a importancia da participación veciñal e o voluntariado neste tipo de intervencións. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, asegurou […]

Ler máis

Preto de 50 persoas participan no acto de peche de campaña da escavación do Castro das Croas

O Concello de Pontevedra puxo onte fin á campaña de escavación do Castro das Croas 2014 cun acto oficial no propio monte das Croas, que estivo presidido polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e no que participaron preto de 50 persoas. Neste acto, informouse das actividades divulgativas que o Concello porá en marcha nos vindeiros meses, así como do […]

Ler máis

Peche da intervención arqueolóxica no Castro das Croas

Mañá venres, día 12 de setembro, ás 20 horas, vai ter lugar o acto de peche da intervención arqueolóxica que se desenvolveu no Monte das Croas. Haberá unha visita guiada ao xacemento e presentaranse as actividades e proxectos que se van desenvolver a partir de agora: -Programa de dinamización: visitas guiadas, roteiros e conferencias -Proxecto de nova […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 15

Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos. Hoxe foi tamén o último día de traballo de campo.

Ler máis
Go top