Croas

Artigos con esta etiqueta

A lenda de mouras máis coñecida fóra de Galiza é a do Castro das Croas

O Castro das Croas de Salcedo é o espazo no que se concentran as lendas e ritos da parroquia de Salcedo. É por iso polo que o antropólogo Buenaventura Aparicio o considera o espazo de pensamento mitificado da parroquia. Entre as lendas destaca a da Moura que vive baixo o castro nun bonito pazo, que […]

Ler máis

Lenda da Moura do Monte das Croas

Lenda da moura do monte das Croas que recolleu José Casal y Lois alá polo ano 1866 e que sería publicada na obra ‘Galicia’ de Manuel Murguía e tamén por Leandro Carré Alvarellos na súa imprescindible ‘Las leyendas tradicionales de gallegas’. A lenda foi recollida como sigue: “En el monte d’as croas estaba, en otros […]

Ler máis

“A ría de Pontevedra é unha lagoa en canto a descubrimento de castros”

O Castro das Croas recibiu hoxe a visita de tres expertos no mundo Castrexo. A profesora da USC, especialista en cerámica castrexa, Josefa Rey, o arqueólogo e xeólogo Emilio Abad, e o director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio, Manolo Rey, coincidindo os dous últimos na escavación do […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 10

Os voluntarios volveron hoxe ao castro para seguir escavando na segunda testemuña que quedaba e tamén traballaron cunha estación total, tomando puntos nun sistema de coordenadas de todo o que sae no xacemento. O equipo de arqueoloxía segue a traballar na cabana, onde apareceron novos achados de cerámica. Na muralla estase a debuxar os perfís […]

Ler máis

Novos achados no Castro das Croas

O xacemento do Castro das Croas segue sacando á luz novos achados. Estes días apareceron outros dous muíños de man e fragmentos de cerámica. Neste caso, trátase de fragmentos grandes que se corresponden co borde do recipiente, o que permite saber cal é a forma e a capacidade da cerámica, e tamén varios fondos. Por outra […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 9

Hoxe os protagonistas foron as voluntarias e voluntarios que, en dous grupos, estiveron escavando na zona da muralla e facendo debuxo arqueolóxico na cabana. Seguen os traballos na cabana, na que se empeza a afondar para poder atopar algún resto arqueolóxico. Na zona da muralla apareceu unha estrutura anexa, que se está estudando para saber […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 8

Os arqueólogos comenzaron hoxe a retirar a segunda testemuña da muralla. Retomouse a escavación na cabana e houbo unha visita dos técnicos do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Paralelamente, estase a realizar un traballo de recollida etnográfica na contorna do castro e documentando usos sociais, agrarios e rituais do xacemento.

Ler máis

Diario de escavación: Día 7

A xornada de hoxe comezou cunha visita guiada na que participaron máis de 30 persoas. Nos traballos, estase a debuxar a parte exterior da muralla e a definir o que semella un bastión. Tamén se recolleron mostras das testemuñas que quedaron da escavación do ano 1993 para facer unhas análises polímicas, que axudarán a reconstruir […]

Ler máis

Castro das Croas

O Castro das Croas é un xacemento arqueolóxico no que se realizaron escavacións no ano 1993, que foron dirixidas por Víctor Barbi e Antonio de la Peña. Foi entón cando se descubriu unha muralla na parte baixa do xacemento e unha cabana na alta. Fai 20 anos determinouse que o castro conta con entre 2.500 […]

Ler máis

Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo

A intervención no castro das Croas forma parte do proxecto de dinamización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo. Este espazo é un proceso de recuperación, divulgación e dinamización do patrimonio de Salcedo, artellado arredor dos bens etnográficos e arqueolóxicos desta parroquia: o conxunto etnográfico dos muíños do río do Batán, […]

Ler máis
Go top