Croas

Artigos con esta etiqueta

Ecos do castro. Os antropólogos: Buenaventura Aparicio

Buenaventura Aparicio fálanos sobre o pensamento popular arredor do Castro das Croas e como o feito de que sexa “o asentamento máis antigo da parroquia apórtalle prestigio e credibilidade”. Aparicio tamén fala dos tesouros, túneles e da moura que se aparece e desaparece cando se achega a xente. A figura da moura aparécese sobre unha […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ramón Laxe

O presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, Ramón Laxe, agradece ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, o seu interese pola escavación do Castro das Croas e tamén pola recuperación do patrimonio de Salcedo. Laxe considera que o Castro “será un punto de visita para todos os veciños da parroquia e o […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Fernando Pintos

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”. Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Pablo Carro

Pablo Carro cóntanos o día que se fixo o Carnaval e apareceu a Garda Civil. Recorda que se xuntou xente de toda a bisbarra, pero ninguén pedira o permiso de Gobernación para poder reunirse, “fíxose de maneira espontánea”, explica. Carro indica que fronte á porta da taberna de Gumersindo fíxose un templete e desde alí “estabamos […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ermitas Estévez

Ermitas Estévez recorda cando, de pequena, ela e outras catro amigas viñan os domingos ao Monte das Croas a xogar. Tamén baixaban polo río a coller as herbas de San Xoan e tirábanse polas pedras escorregadoiras “Brincamos moito aquí neste monte, pero agora está desconocido”, lamenta. Tamén explica que súa avoa, subía ao Monte das […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Francisco Ballesteros

Francisco Ballesteros recorda cando ían xogar ao Monte das Croas e a vixiar o gando, pero o que non lle esquece son os entroidos que se facían neste monte, que “eran únicos”. “Había unha represión tan dura que había que escapar”, asegura, e iso foi o que pasou no último entroido. No escenario estaban a representar […]

Ler máis

Rematan as visitas de escolares ao Monte das Croas

O Monte das Croas reviviu durante esta última semana unha experiencia que facía anos que non sentía: encherse de nenos que analizan prantas ao detalle, que perseguen aos pequenos animais que atopan e que botan carreiras polos camiños de acceso. Durante os últimos catro días foron preto de 250 rapazas e rapaces os que visitaron […]

Ler máis

Preto de 100 alumnos visitaron o Monte das Croas

Hoxe foron preto de 100 alumnos os que visitaron o Monte das Croas e os muíños do río Batán. Foron dous grupos dos CEIP San Martiño de Salcedo e Vidal Portela da cidade de Pontevedra os que tiveron oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a historia dos castrexos, do seu xeito de vida e […]

Ler máis

Visita dos alumnos do Colexio San Xosé

Hoxe visitaron o Monte das Croas un grupo de preto de 50 alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio San Xosé de Pontevedra. Os rapaces non perderon detalle das explicacións do antropólogo Rafa Quintía, que lles falou sobre o castro, as súas partes, os seus habitantes e o seu xeito de vida. Ademais, […]

Ler máis

Visita dos alumnos do CEIP Vidal Portela

Un grupo de 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela visitaron hoxe o Castro das Croas. Os rapaces estiveron acompañados de dúas mestras e atenderon ás explicacións que o antropólogo Rafa Quintía lles foi dando sobre o castro, a muralla, os muíños do Batán e todo o patrimonio inmaterial que xira arredor […]

Ler máis
Go top