castro

Artigos con esta etiqueta

Diario de escavación: Día 6

Seguen os traballos de limpeza na muralla e empezouse a debuxar o alzado e o plano da muralla. Na cara interna da muralla continúa a escavación dos testigos arqueolóxicos, onde apareceron restos de cerámica.

Ler máis

Diario de escavación: Día 5

A chuvia acompañou hoxe os traballos de escavación no Castro das Croas, por iso non se puido intervir na zona da cabana. Na muralla comezaron os traballos para eliminar os testigos intermedios e apareceu baixo unha árbore unha estrutura que parece de reforzo da muralla, similar á que atoparon nas escavacións do ano 1993.

Ler máis

A USC estudará os 42 fragmentos de cerámica achados no Castro das Croas

Os traballos de escavación no Castro das Croas sacaron á luz un total de 42 fragmentos de cerámica nestes seis primeiros días de actividade. Os anacos estaban repartidos entre a cabana (17) e a cara interna da muralla (25). Os que se atoparon na muralla estaban nunha das testemuñas que quedaron da escavación de 1993 […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 4

Continúan os traballos no Castro das Croas. Os empregados de A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio seguen limpando na zona da muralla e tamén na da cabana.

Ler máis

Diario de escavación: Día 3

Nesta xornada de traballo descubrimos que a cabana ten sete metros de diámetro, o que confirma que se trata dunha vivenda das primeiras etapas do desenvolvemento da cultura castrexa.

Ler máis

Diario de escavación: Día 2

Os traballos trasladáronse hoxe á cabana descuberta fai 20 anos por Antonio de la Peña. Comezouse a limpar a cobertura vexetal que se acumulou durante estes anos e apareceron dous achados líticos que semellan dúas pedras de moer. Resulta sorprendente que cos primeiros traballos xa aparecesen restos. A cousa promete.

Ler máis

Diario de escavación: Día 1

Primeira xornada de traballo no Castro das Croas. Hoxe comezamos limpando na parte baixa do xacemento, onde se atopa a impresionante muralla que no ano 1993 escavou parcialmente Antonio de la Peña Santos. O obxectivo é poder datala e deslevar se realmente se trata dun castro que nunca foi habitado, teoría á que chegou o […]

Ler máis

Éxito da primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas

A Concellaría de Patrimonio Histórico organizou esta mañá a primeira visita guiada á escavación do Castro das Croas, que resultou todo un éxito de asistencia a pesares de que o tempo non acompañou. De feito, o concelleiro Luís Bará explicou que está a considerar ampliar o número de visitas guiadas (está prevista outra para este […]

Ler máis

Petróglifo do Monte das Croas

No Monte as Croas existe un penedo illado no que se atopa un petróglifo ben conservado. No seu granito están labradas cazoletas e coviñas de pequeno tamaño e conta tamén cunha cruz de base triangular. Diferéncianse símbolos alfabetiformes. Na parroquia de Salcedo, a poucos quilómetros deste penedo, tamén atopamos os petróglifos do Outeiro dos Matos, […]

Ler máis

“A riqueza inmaterial é moi grande, pero hai moitas lendas que están fragmentadas”

O Monte das Croas de Salcedo foi dende sempre un lugar máxico para os veciños da parroquia. A el atópanse asociadas moitas historias, contos e lendas que conviviron durante séculos coa xente que traballaba, xogaba e gozaba deste espazo. O presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafael Quintía, fálanos sobre as lendas vinculadas a este lugar. […]

Ler máis
Go top