castro

Artigos con esta etiqueta

Preto de 50 persoas participan no acto de peche de campaña da escavación do Castro das Croas

O Concello de Pontevedra puxo onte fin á campaña de escavación do Castro das Croas 2014 cun acto oficial no propio monte das Croas, que estivo presidido polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e no que participaron preto de 50 persoas. Neste acto, informouse das actividades divulgativas que o Concello porá en marcha nos vindeiros meses, así como do […]

Ler máis

Peche da intervención arqueolóxica no Castro das Croas

Mañá venres, día 12 de setembro, ás 20 horas, vai ter lugar o acto de peche da intervención arqueolóxica que se desenvolveu no Monte das Croas. Haberá unha visita guiada ao xacemento e presentaranse as actividades e proxectos que se van desenvolver a partir de agora: -Programa de dinamización: visitas guiadas, roteiros e conferencias -Proxecto de nova […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 15

Na visita de hoxe, dirixida polo antropólogo Rafa Quintía, explicáronse lendas, literatura oral e ritos asociados ao castro, así como os usos gandeiros, forestais e sobre todo, sociais, como lugar de reunión e de celebración de ritos. Hoxe foi tamén o último día de traballo de campo.

Ler máis

Diario de escavación: Día 14

Hoxe tivemos a visita do alcalde de Pontevedra e dos representantes dos grupos políticos municipais, que coñeceron de primeira man os resultados da escavación e das tarefas que se levarán a cabo a continuación. Tamén se procedeu á colocación do cartel que informa da financiación do proxecto de recuperación do Val de Tomeza e Salcedo. […]

Ler máis

Diario de escavación: día 13

Hoxe tivemos a visita de Victor Barbi, arqueólogo da delegación provincial de Cultura, que foi o arqueólogo que fixo a primeira escavación no xacemento, no ano 1992. Barbi explicou que eles traballaron durante dez días e confirmaron que se trataba dun castro de época antiga, pero non había datos do xacemento. Xa se rematou de […]

Ler máis

Á procura de máis cabanas na vindeira campaña do Castro das Croas

O Castro das Croas recibiu hoxe a visita dos grupos municipais do Concello de Pontevedra. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu acompañado das concelleiras Pilar Comesaña, Carlota Román e María Biempica. Desculpou a súa asistencia o concelleiro Pablo Fernández, que non puido acudir por motivos persoais. O alcalde e as concelleiras recibiron […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 12

Na xornada de hoxe tivemos de novo un grupo de voluntario, que tiveron oportunidade de escavar na zona da muralla e de realizar debuxo arqueolóxico na cabana. Tamén tivemos a visita de Xulio Carballo, arqueólogo da delegación de Cultura da Xunta en Pontevedra, que considera que o Castro das Croas ten un especial interese pola […]

Ler máis

Diario de escavación: día 11

Hoxe tivemos a visita de varios expertos, entre eles Josefa Rey, profesora da USC e especialista en cerámica que está colaborando co proxecto analizando parte dos materiais arqueolóxicos que se recuperaron na escavación. Na cabana prosíguese na escavación e atopouse un fragmento bastante grande de borde, que polas súas características permitirá afinar na cronoloxía do […]

Ler máis

Lendas de Salcedo

Recreación de lendas recollidas na parroquia de San Martiño de Salcedo. Neste caso, fala das Mouras como encandiladoras de homes, pois contaban cunha beleza que facía que os mozos as seguisen a onde fose. Sen embargo, ao chegar á súa pedra do Monte das Croas, as bonitas mozas convertíanse en serpes. Tamén se inclúe a […]

Ler máis

A lenda de mouras máis coñecida fóra de Galiza é a do Castro das Croas

O Castro das Croas de Salcedo é o espazo no que se concentran as lendas e ritos da parroquia de Salcedo. É por iso polo que o antropólogo Buenaventura Aparicio o considera o espazo de pensamento mitificado da parroquia. Entre as lendas destaca a da Moura que vive baixo o castro nun bonito pazo, que […]

Ler máis
Go top