arqueoloxía

Artigos con esta etiqueta

Diario de escavación: Día 10

Os voluntarios volveron hoxe ao castro para seguir escavando na segunda testemuña que quedaba e tamén traballaron cunha estación total, tomando puntos nun sistema de coordenadas de todo o que sae no xacemento. O equipo de arqueoloxía segue a traballar na cabana, onde apareceron novos achados de cerámica. Na muralla estase a debuxar os perfís […]

Ler máis

Novos achados no Castro das Croas

O xacemento do Castro das Croas segue sacando á luz novos achados. Estes días apareceron outros dous muíños de man e fragmentos de cerámica. Neste caso, trátase de fragmentos grandes que se corresponden co borde do recipiente, o que permite saber cal é a forma e a capacidade da cerámica, e tamén varios fondos. Por outra […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 8

Os arqueólogos comenzaron hoxe a retirar a segunda testemuña da muralla. Retomouse a escavación na cabana e houbo unha visita dos técnicos do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Paralelamente, estase a realizar un traballo de recollida etnográfica na contorna do castro e documentando usos sociais, agrarios e rituais do xacemento.

Ler máis

Diario de escavación: Día 7

A xornada de hoxe comezou cunha visita guiada na que participaron máis de 30 persoas. Nos traballos, estase a debuxar a parte exterior da muralla e a definir o que semella un bastión. Tamén se recolleron mostras das testemuñas que quedaron da escavación do ano 1993 para facer unhas análises polímicas, que axudarán a reconstruir […]

Ler máis

Castro das Croas

O Castro das Croas é un xacemento arqueolóxico no que se realizaron escavacións no ano 1993, que foron dirixidas por Víctor Barbi e Antonio de la Peña. Foi entón cando se descubriu unha muralla na parte baixa do xacemento e unha cabana na alta. Fai 20 anos determinouse que o castro conta con entre 2.500 […]

Ler máis

Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo

A intervención no castro das Croas forma parte do proxecto de dinamización do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo. Este espazo é un proceso de recuperación, divulgación e dinamización do patrimonio de Salcedo, artellado arredor dos bens etnográficos e arqueolóxicos desta parroquia: o conxunto etnográfico dos muíños do río do Batán, […]

Ler máis

De la Peña destaca que o xacemento do Castro das Croas está moi ben conservado

O arqueólogo do Museo de Pontevedra, Antonio de la Peña, director dos traballos que se levaron a cabo no Castro das Croas no ano 1993 estivo hoxe de novo na escavación. De la Peña recordou os días chuviosos que acompañaron a escavación que el dirixiu e indicou que non puideron seguir traballando debido ao “parón […]

Ler máis

Diario de escavación: Día 6

Seguen os traballos de limpeza na muralla e empezouse a debuxar o alzado e o plano da muralla. Na cara interna da muralla continúa a escavación dos testigos arqueolóxicos, onde apareceron restos de cerámica.

Ler máis

Diario de escavación: Día 5

A chuvia acompañou hoxe os traballos de escavación no Castro das Croas, por iso non se puido intervir na zona da cabana. Na muralla comezaron os traballos para eliminar os testigos intermedios e apareceu baixo unha árbore unha estrutura que parece de reforzo da muralla, similar á que atoparon nas escavacións do ano 1993.

Ler máis

A USC estudará os 42 fragmentos de cerámica achados no Castro das Croas

Os traballos de escavación no Castro das Croas sacaron á luz un total de 42 fragmentos de cerámica nestes seis primeiros días de actividade. Os anacos estaban repartidos entre a cabana (17) e a cara interna da muralla (25). Os que se atoparon na muralla estaban nunha das testemuñas que quedaron da escavación de 1993 […]

Ler máis
Go top