actividades

Artigos con esta etiqueta

O CITA amosa máis de 200 pezas do patrimonio inmaterial de Salcedo

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acolle dende hoxe ata o vindeiro 29 de marzo unha exposición que pretende amosar a través de imaxes e obxectos a riqueza patrimonial da parroquia de Salcedo A mostra está plantexada en tres bloques temáticos: a mitoloxía, a protección e a curación. No apartado da mitoloxía céntrase […]

Ler máis

O Val de Tomeza e Salcedo, os pasos para 
a súa posta en valor

O proxecto de posta en valor do espazo etnográfico e arqueolóxico do Val de Tomeza e Salcedo comezou en xuño de 2013, cando se deron a coñecer as actuacións que se levarían a cabo neste espazo que acolle un importante conxunto de bens cun elevado valor ecolóxico, etnográfico, histórico e arqueolóxico. A recuperación dos muíños […]

Ler máis

Rematan as visitas de escolares ao Monte das Croas

O Monte das Croas reviviu durante esta última semana unha experiencia que facía anos que non sentía: encherse de nenos que analizan prantas ao detalle, que perseguen aos pequenos animais que atopan e que botan carreiras polos camiños de acceso. Durante os últimos catro días foron preto de 250 rapazas e rapaces os que visitaron […]

Ler máis

Preto de 100 alumnos visitaron o Monte das Croas

Hoxe foron preto de 100 alumnos os que visitaron o Monte das Croas e os muíños do río Batán. Foron dous grupos dos CEIP San Martiño de Salcedo e Vidal Portela da cidade de Pontevedra os que tiveron oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a historia dos castrexos, do seu xeito de vida e […]

Ler máis

Visita dos alumnos do Colexio San Xosé

Hoxe visitaron o Monte das Croas un grupo de preto de 50 alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio San Xosé de Pontevedra. Os rapaces non perderon detalle das explicacións do antropólogo Rafa Quintía, que lles falou sobre o castro, as súas partes, os seus habitantes e o seu xeito de vida. Ademais, […]

Ler máis

Visita dos alumnos do CEIP Vidal Portela

Un grupo de 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela visitaron hoxe o Castro das Croas. Os rapaces estiveron acompañados de dúas mestras e atenderon ás explicacións que o antropólogo Rafa Quintía lles foi dando sobre o castro, a muralla, os muíños do Batán e todo o patrimonio inmaterial que xira arredor […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Ramón Noia

Ramón Noia sentiuse “arqueólogo por un día” mentres escavaba e facía debuxo arqueolóxico no Castro das Croas. Para el foron unhas horas de “traballo e compañía moi interesantes”. Considera que este é un xeito de divulgar “moi interesante, porque aprendes algo dos fundamentos da arqueoloxía”.

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Noela Campanha

A Noela Campanha sempre lle interesou escavar e despois de participar nas xornadas de voluntariado revela que “era máis ou menos o que esperaba, ainda que coa inseguridade” de saber como se fai o traballo. Para ela resulta fundamental facer este tipo de actividades durante da escavación, “porque se achega o traballo dos arqueólogos a […]

Ler máis

Éxito do roteiro polo Monte das Croas

Preto de 40 persoas participaron o sábado no roteiro que se celebrou polo Monte das Croas, visitando o Castro e os Muíños do Batán. Os participantes recibiron explicacións por parte do arqueólogo Eduardo Velázquez, de A Citania Arqueoloxía, e tamén houbo aportacións do arqueólogo Lukas Santiago e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará. Durante […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Pilar López

A Pilar López sempre lle gustou a arqueoloxía e é por iso polo que comezou a estudiar Antropoloxía na Uned. Considera moi interesantes as visitas e xornadas de voluntariado ao Castro das Croas e cre que “debería facerse máis a miúdo nas escavacións porque da a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo dos […]

Ler máis
Go top