PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN
Co obxecto de facer partícipe á comunidade local a todas as persoas interesadas, vaise desenvolver un amplo programa de actividades de dinamización, tanto durante a excavación (que durará uns 20 días) como despois. O obxectivo deste programa é envolver á veciñanza non só no proceso de estudo e investigación senón tamén no coidado e divulgación dos bens culturais, entendidos como elementos centrais na identidade local e xeradores de orgullo e autoestima.
Próximas actividades
-Visitas guiadas para escolares: segunda semana de outubro.
• Martes, 21 de outubro, uns 50 alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vidal Portela. A partir das 11.00 horas.
• Mércores, 22 de outubro, uns 50 alumnos de 5º e 6º de Primaria do
Colexio San Xosé. Será a partir das 11.00 horas.
• Xoves, 23 de outubro, ás 09.45 horas. CEIP San Martiño de Salcedo.
Alumnos de 3º e 4º de Primaria
• Xoves, 23 de outubro, ás 11.30 horas, CEIP Vidal Portela de 6º de
Primaria
• Venres, 24 de outubro, ás 09.45 horas, CEIP San Martiño de Salcedo.
Alumnos de 5º e 6º de Primaria.