Videos

Artigos desta categoría

Ecos do Castro. Os veciños: Fernando Pintos

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”. Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Pablo Carro

Pablo Carro cóntanos o día que se fixo o Carnaval e apareceu a Garda Civil. Recorda que se xuntou xente de toda a bisbarra, pero ninguén pedira o permiso de Gobernación para poder reunirse, “fíxose de maneira espontánea”, explica. Carro indica que fronte á porta da taberna de Gumersindo fíxose un templete e desde alí “estabamos […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Ermitas Estévez

Ermitas Estévez recorda cando, de pequena, ela e outras catro amigas viñan os domingos ao Monte das Croas a xogar. Tamén baixaban polo río a coller as herbas de San Xoan e tirábanse polas pedras escorregadoiras “Brincamos moito aquí neste monte, pero agora está desconocido”, lamenta. Tamén explica que súa avoa, subía ao Monte das […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Francisco Ballesteros

Francisco Ballesteros recorda cando ían xogar ao Monte das Croas e a vixiar o gando, pero o que non lle esquece son os entroidos que se facían neste monte, que “eran únicos”. “Había unha represión tan dura que había que escapar”, asegura, e iso foi o que pasou no último entroido. No escenario estaban a representar […]

Ler máis

Ecos do Castro. As veciñas: Milagros Capelo

Milagros Capelo recorda saír do colexio e subir ao Monte das Croas a xogar nas pedras escorregadoiras e, no inverno, cando chovía formábanse pozas e ao facer frío conxelábanse, e elas xogaban a romper o xeo que se formaba. Por outra parte, o Monte das Croas era lugar de pastoreo para as ovellas que tiñan […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: José Antonio Gómez

José Antonio Gómez recorda que acudían ao Monte das Croas cos rapaces porque “era un sitio que non tiña perigo”. Alí tamén había ovellas, vacas e cabalos, sendo zona de pastoreo “porque limpaban o monte”. Con respecto aos recheos, Gómez explica que a Comunidade de Montes daquela época fixo o recheo porque “quería planificar un […]

Ler máis

Ecos do Castro. As veciñas: Concepción Rodríguez, María Luisa Pazos e Josefa Garrido

Concepción Rodríguez, María Luisa Pazos e Josefa Garrido contan que no Monte das Croas había un tesouro, que salían as mouras e que alí estas mulleres se peiteaban con peines de ouro. Recordan unha lenda que conta que os da casa dos Cardadeiros, no Birrete, se fixeron moi ricos porque o señor lle levaba o gando aos mouros. […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: Alejandro Pastoriza

Alejandro Pastoriza recorda que o Monte das Croas era moi bonito e que os rapaces acudían á escola alí preto e, ás veces, subían a este monte a botar un partido, porque había un pequeno campo de fútbol improvisado polos propios nenos. Os animais que pastaban neste monte eran as ovellas e os cabalos, e […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os veciños: José Ballesteros

José Ballesteros explícanos os usos que tivo o Monte das Croas. Foi lugar de pasto para animais e tamén de recollida de estrume para as cortes. En San Xoan, alí facíase a fogueira e tamén cortaban a carrasquiña. Ballesteros tamén recorda que alí, na estrada, se facía o Entroido. Naquel tempo, dous homes disfrazados e con […]

Ler máis

Ecos do Castro. Os voluntarios: Ramón Noia

Ramón Noia sentiuse “arqueólogo por un día” mentres escavaba e facía debuxo arqueolóxico no Castro das Croas. Para el foron unhas horas de “traballo e compañía moi interesantes”. Considera que este é un xeito de divulgar “moi interesante, porque aprendes algo dos fundamentos da arqueoloxía”.

Ler máis
Go top