Ecos do Castro. Os arqueólogos: Eduardo Méndez

13/11/2014

Eduardo Méndez, director da escavación de 2014 explica que “nesta primeira campaña, despois de 20 anos, o noso traballo ía encamiñado a concretar a cronoloxía do xacemento e avaliar o estado de conservación do mesmo. O resultado despois de 19 xornadas é que a cronoloxía do xacemento é antiga, que supera ampliamente os 2.500 anos”.

Méndez asegura que despois dos traballos pódese dicir que “o xacemento sí que se habitou, pero a parte da muralla tivo que ampliarse para facer o espacio habitable de maiores dimensións e o castro non se volveu ocupar, tampouco durante o período romano”.

Go top