- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os arqueólogos: Antonio de la Peña

O arqueólogo Antonio de la Peña explícanos cómo foi a intervención do ano 1993, a que el considera “a última dunha época”, e que se fixo a través de diferentes programas de investigación avalados pola Universidade, os Museos e o Instituto Sarmiento. Esta fíxose coa participación de voluntarios.

Nese momento descubriuse “un poboado cunha liña defensiva espectacular, con dúas caras vista, mal construida e mal rematada. Esa muralla acolle un espazo habitacional onde apareceron os restos dunha pequena cabana que non puidemos definir”.

20 anos despois o proxecto inicial “está materializado e agora do que se trata é de continuar e poñer en evidencia un castro que é diferente do resto dos castros que se coñecen”, indica de la Peña.