Ecos do Castro. Os antropólogos: Rafael Quintía

05/11/2014

O antropólogo Rafael Quintía explica que no “discurso popular do castro atopamos unha riqueza mitolóxica extraordinaria: hai unha decena de lendas asociadas ao castro e a súa contorna”.

A lenda da moura do Monte das Croas é a máis coñecida e ten diversas variantes. De feito, está tan extendida que “era frecuente que os nenos viñesen a xogar aquí a buscar o tesouro da moura. Todo este patrimonio inmaterial fálanos de como somos e como interpretamos o noso legado histórico. Crea unha dialéctica viva e dinámica que muda co tempo”, indica Quintía.

 

Go top