Petróglifos do Outeiro da Mina e dos Apañados

O conxunto de gravados prehistóricos do Outeiro da Mina é unha das concentracións de arte rupestre máis valiosas do concello de Pontevedra. Está constituído por un conxunto e doce grupos, algúns parcialmente destruídos. Un deles é o coñecido como A Pedra do Fundamento, que foi publicado polo historiador Manuel Murguía en 1886. Trátase dunha laxe aplanada na que hoxe son visibles ducias de cazoletas (algunhas delas aliñadas) pero que en reproducións antigas (como a realizada por Enrique Campo en 1907) incluía tamén varios motivos circulares hoxe desaparecidos.

Os dous petróglifos da paraxe próxima, coñecida como Os Apañados, son tamén magníficos exemplos de arte prehistórica. O máis sobranceiro deles é o do Outeiro dos Apañados, situado a uns 500 m. ao sueste do Outeiro da Mina. Os gravados representan unha grande variedade de combinacións circulares unidas entre si a através de trazos longos e algunha cazoleta.

Por outra banda, as instalacións militares de actual Brilat de Salcedo-Figueirido foron, durante a ditadura militar franquista, un campo de concentración dos defensores da legalidade republicana e da democracia da comarca de Pontevedra. Dignidade e memoria para todos eles.

Go top