- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os veciños: Fernando Pintos

O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, explica que o Monte das Croas forma parte do patrimonio comunal de Salcedo e que o obxectivo é consolidalo, porque se trata dun lugar mítico da parroquia, “todos saben onde está e que significa para eles”.

Pintos recorda que a principios dos 90 viuse a posibilidade de facer neste espazo un parque de recreo para os veciños: un campo de fútbol, un parque infantil… e por iso se fixeron os recheos, sen saber que realmente no Monte das Croas se atopaba un castro.

“Hai xente que pensaba que isto eran cousas de bruxas, pero agora danse conta que, detrás disto, están os seus antepasados, a súa historia”, asegura Pintos.