- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os veciños: Francisco Ballesteros

Francisco Ballesteros recorda cando ían xogar ao Monte das Croas e a vixiar o gando, pero o que non lle esquece son os entroidos que se facían neste monte, que “eran únicos”. “Había unha represión tan dura que había que escapar”, asegura, e iso foi o que pasou no último entroido.

No escenario estaban a representar a carnavalada, e a xente estaba disfrazada, algúns de Garda Civil “e cando estaban a facer a cómica apareceu a Garda Civil e tiveron que escapar polas veigas de millo. Ese día acabáronse os carnavales”.