Concepción Rodríguez, María Luisa Pazos e Josefa Garrido contan que no Monte das Croas había un tesouro, que salían as mouras e que alí estas mulleres se peiteaban con peines de ouro.
Recordan unha lenda que conta que os da casa dos Cardadeiros, no Birrete, se fixeron moi ricos porque o señor lle levaba o gando aos mouros. Pero un día os mouros pedíronlle unha bola de pan e ante a presión na casa, contou que era para os mouros, e dende aquela perderon toda canta riqueza tiñan.