- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os veciños: Alejandro Pastoriza

Alejandro Pastoriza recorda que o Monte das Croas era moi bonito e que os rapaces acudían á escola alí preto e, ás veces, subían a este monte a botar un partido, porque había un pequeno campo de fútbol improvisado polos propios nenos.

Os animais que pastaban neste monte eran as ovellas e os cabalos, e a xente empregábao para secar a herba da semente, recoller toxo e coller a carrasquiña para facer as herbas de San Xoan.