- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os voluntarios: Ramón Noia

Ramón Noia sentiuse “arqueólogo por un día” mentres escavaba e facía debuxo arqueolóxico no Castro das Croas. Para el foron unhas horas de “traballo e compañía moi interesantes”.

Considera que este é un xeito de divulgar “moi interesante, porque aprendes algo dos fundamentos da arqueoloxía”.