- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Ecos do Castro. Os voluntarios: Paz Castro.

Seguimos coas impresións dos voluntarios. Para Paz Castro esta é unha maneira de valorar o noso pasado e o patrimonio que temos ao noso arredor. “É máis importante do que a xente cre”, por iso considera importante que o Concello de Pontevedra promocione deste xeito a participación da cidadanía e involucre así aos veciños e escolares na recuperación e conservación do patrimonio.