- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Acto de remate da intervención arqueolóxica

O venres 12 de setembro tivo lugar o acto de peche da intervención no Castro das Croas. Unha visita guiada na que se informou sobre os traballos levados a cabo no castro e se destacou a importancia da participación veciñal e o voluntariado neste tipo de intervencións.

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, asegurou que Salcedo é unha parroquia especialmente comprometida coa defensa do patrimonio, o que supón unha garantía e unha forza para que se poidan levar a cabo todos estes proxectos.