- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Diario de escavación: Día 5

A chuvia acompañou hoxe os traballos de escavación no Castro das Croas, por iso non se puido intervir na zona da cabana. Na muralla comezaron os traballos para eliminar os testigos intermedios e apareceu baixo unha árbore unha estrutura que parece de reforzo da muralla, similar á que atoparon nas escavacións do ano 1993.