- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Diario de escavación: Día 2

Os traballos trasladáronse hoxe á cabana descuberta fai 20 anos por Antonio de la Peña. Comezouse a limpar a cobertura vexetal que se acumulou durante estes anos e apareceron dous achados líticos que semellan dúas pedras de moer. Resulta sorprendente que cos primeiros traballos xa aparecesen restos. A cousa promete.