- Salcedo no tempo - https://salcedonotempo.pontevedra.gal -

Actividades e visitas guiadas para coñecer a escavación do Castro das Croas

Co obxectivo de facer partícipe á comunidade local e a todas as persoas interesadas vaise desenvolver un amplo programa de actividades de dinamización no Castro das Croas. Faranse durante os traballos de escavación (que durarán uns 20 días) e tamén unha vez rematada a intervención.

O obxectivo é envolver á veciñanza no proceso de estudo e investigación e tamén no coidado e divulgación dos bens culturais, entendidos como elementos centrais na identidade local e xeradores de orgullo e autoestima.

Actividades durante a escavación

Para participar nas visitas guiadas e nas actividades de voluntariado, é preciso anotarse a través da web http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/novas/ [1] (para inscribirse na actividade hai que estar rexistrado previamente) ou no correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu [2].

Despois da intervención

Durante o outono tamén haberá actividades como charlas divulgativas sobre o castro, presentación dos resultados da intervención e roteiros e visitas guiadas para grupos e escolares. O programa definitivo presentarase ao longo do mes de setembro.